A Fundación Franz Weber ofrece ao persoal da Fiscalía formación específica en Dereito Animal

Por mor das últimas actuacións da fiscalía de Lugo en materia de malos tratos animais, as cales ocasionaron unha gran alarma social e indignación cidadá,  desde a Fundación Franz Weber ( FFW) consideraron conveniente proporcionar unha maior formación específica en materia de Dereito Animal aos membros da súa fiscalía. A fiscalía de Lugo chegou a propoñer o sobresemento dunha causa na que o investigado tiña 164 denuncias previas, baixo o argumento de que “non pode esixir maior dilixencia do propietario no coidado dos animais da que ten no seu propio”.

Estes feitos que denotan unha gran carencia nas súas actuacións en materia de Dereito Animal, a cal cousa motivou á Fundación Franz Weber a ofrecerlles formación específica nesta materia a través do seu Instituto de Políticas Públicas de Protección Animal ( IPPPA). A FFW é unha entidade de ámbito internacional, con sede en Suíza, que se dedica á protección e defensa do medioambiente e os animais. Recentemente crearon o IPPPA, co obxectivo de dar formación ao funcionariado en materia de Políticas Públicas de Protección Animal.

“Feitos como estes demóstrannos a gran carencia que existe na inmensa maioría de servidores públicos en canto á actuación para resolver situacións de malos tratos e abandono de animais, unha das razóns polas que, desde a FFW, decidimos lanzar o IPPPA. Compraceríanos enormemente ofrecer ao persoal da Fiscalía Provincial de Lugo formación específica en materia de Dereito Animal, que ben podería realizarse a través da nosa plataforma de e- learning do IPPPA, ou de forma presencial”, declarou Irene Torres, coordinadora do IPPPA. Para ofrecer este tipo de formación, a FFW e o IPPPA colaboran estreitamente con INTERcids, unha entidade integrada por profesionais de toda España pertencentes ao ámbito do Dereito e a Xustiza.

Os membros desta entidade contan cunha dilatada experiencia en realizar actividades formativas, así como propostas para políticas públicas, protocolos e programas para mellorar a protección dos animais e abordar, desde diversos ámbitos, a problemática dos malos tratos animais. Para formalizar a súa proposta, a Fundación Franz Weber fixo chegar unha carta a Don Roberto Brezmes Caramanzana, Fiscal Xefe da Audiencia Provincial de Lugo explicándolle o seu ofrecemento e quedando á súa disposición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com