A asociación de veciños, comerciantes e empresarios da Tinería (Avecoem da Tinería), convoca para a segunda quincena do vindeiro mes de novembro a Mesa de traballo da Tinería. Dicha mesa foi creada o 13 de novembro de 2017 co obxectivo de dinamizar de forma integral o Barrio da Tinería; a nivel económico e social, poñendo en valor o seu patrimonio cultural e turístico.
Dende a asociación esperan un período de estabilidade trala celebración das vindeiras eleccións xerais que “nos permita afrontar os retos que nos depara o futuro e, especialmente, para o noso barrio que se podan levan a cabo as accións propostas no documento de traballo presentado nas anteriores reunións”.
Por iso, o obxecto da reunión convocada é a posta en común e seguimento dos obxectivos marcados dende a creación da asociación así como a posta en valor das conclusións obtivas na anterior mesa redonda denominada Rehabilitación na Tineríado Plan de Dinamización Áreas Rexurbe organizada polo Colexio de Arquitectos de Lugo (COAG) o pasado 28 de setembro; así como as conclusión das xornadas de Lugo, centro do Camiño Primitivo organizadas por Agestic e a Xunta o 18 e 19 de outubro.
Forman parte da mesma a Alcaldía, a Delegación da Xunta, a Subdelegación do Goberno, os diferentes grupos municipais do Concello, o Observatorio de Empresarios e Veciños para a seguridade cidadá e servizos en Lugo e os membros da directiva da propia asociación.