A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por un importe de 39.620 euros a obra de reforma da rede de abastecemento de auga potable da rúa Lugo, no núcleo urbano de Portomarín.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que hai un prazo estimado de dous meses e medio para realizar os traballos proxectados sobre a rede, cunha lonxitude aproximada de 244 metros.
As actuacións programadas inclúen a realización dunha gabia para colocar a tubaxe e a reposición de acometidas ás edificacións existentes, mediante arquetas cos elementos precisos -como válvulas de paso ou reguladores de presión-, e a colocación dos correspondentes elementos de unión entre tubaxes coas características axeitadas á presión que soportarán.
Unha vez feita a instalación reporase o firme mediante soleira de formigón de 15 centímetros na zona peonil e de 20 centímetros na zona de tránsito de vehículos, e rematarase mediante lousa de pedra, formigón ou asfalto, en función do pavimento existente.
Out 31, 2019 - 05:57 PM
Jjk