O Pleno do Concello de Lugo aprobou por unanimidade a moción do Partido Popular para adherirse ao Protocolo contra a Violencia de Xénero, VioGén. Ramón Carballo explicou que o bigoberno deulle infinitas voltas á iniciativa e puxo disculpas de mal pagador para xustificar que Lugo non esté a día de hoxe adherido a este protocolo. “É unha boa nova para vítimas da violencia de xénero, mágoa que tardasen 15 anos en pensarse se entraban ou non neste protocolo” engadindo que “estaremos atentos a que a adhesión se faga o máis rápido posible”.
Outra iniciativa que contou co respaldo de toda a corporación foi a elaboración dun regulamento de uso de instalacións deportivas e a construcción dun pavillón deportivo multidisciplinar. O voceiro popular lamentou que o bigoberno tumbase no pleno dúas iniciativas do PP para chegar á cota cero de absentismo escolar e para para impulsar o rural.
“PSOE e BNG dan as costas aos veciños do rural” e lembrou que “estamos falando dunha iniciativa para poñer en valor e a disposición dos veciños terras que son de titulariedade municipal, estamos falando de inventariar o patrimonio que temos nas parroquias. A votación nesta proposición é un exemplo do sectarismo do bigoberno que
ante unha boa iniciativa, porque vén da man do PP, a rexeitan en banda. Para finalizar, a instacias do PP, o pleno votou a comparecencia en pleno da concelleira de gobernanza Paula Alvarellos para explicar a situación do persoal municipal; unha comparecencia que terá lugar na sesión de novembro.
Out 31, 2019 - 09:36 PM
Sexual tamen?