A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de poñer hoxe en marcha o Plan de Vialidade Invernal, que dispón de preto de 500 profesionais, 26 centros operativos, 73 máquinas e máis de 5.200 toneladas de fundentes, para garantir a mobilidade e seguridade nos máis de 5.500 km de vías de titularidade autonómica.
Este Plan estará operativo desde hoxe e ata o 30 de abril, e no mesmo se presta especial atención aos case 1.000 km de estradas da Xunta que, por altitude, son máis susceptibles de rexistrar incidencias por neve ou xeo.
O programa recolle un conxunto de medidas preventivas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir, e tamén paliativas, para reforzar a seguridade viaria ante situacións meteorolóxicas desfavorables.
A Xunta conta con medios despregados polas catro provincias para evitar os posibles problemas que poidan xurdir nas épocas con inclemencias meteorolóxicas e contar cun adecuado protocolo de actuación.
Na provincia de Lugo a Xunta, traballan preto de 120 técnicos de estradas, que operan desde os 6 centros de conservación e explotación, dotados con máis de 1.700 toneladas de acopio de fundentes e 22 camións e outra maquinaria,
Coa activación do Plan, a Xunta quere garantir a mobilidade en condicións de máxima seguridade a todos aqueles cidadáns que a diario empregan as vías autonómicas para desprazarse ata os seus centros de traballo ou de estudo ou no seu tempo de ocio.
Grazas á posta en marcha deste Plan, a Xunta terá o coñecemento dos problemas que podan xurdir en épocas de inclemencias meteorolóxicas adversas, o que permitirá a toma de decisións máis axeitadas para cada situación a tempo. Tamén poderá dar a solución aos problemas e á eliminación de riscos nas estradas.