A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acompañada dos candidatos ao Congreso e ao Senado, Ana Prieto e Cesar Mogo, mantiveron unha animada xuntanza organizada polas Xuventudes Socialistas, na que presentaron o programa electoral á mocidade lucense.
Os candidatos remarcaron que “o PSOE é a única opción que permite un goberno estable e de progreso neste pais. Traballaremos para acadar un Plan Nacional de Fomento da Emancipación Xuvenil co fin de facilitar o acceso asequible á vivenda; potenciaremos as vocacións STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas); impulsaremos o desenvolvemento do Plan Estratéxico de Formación Profesional para adaptada ás necesidades do mercado laboral actual”
O programa do PSOE tamén inclúe “o emprendimento e o traballo autónomo de e mozas e mozos, con especial atención ás zonas máis despoboadas; o acceso da mocidade ás actividades agrarias e gandeiras para facilitar a substitución xeracional nas explotacións e plans especiais de emprego en zonas que conten cunha situación de baixa taxa de emprego.”
Especial fincapé fixeron os candidatos nas propostas relacionadas coa Educación, “un piar básico de programa do PSOE. Durante os primeiros seis meses impulsaremos unha nova Lei Básica de Educación que derrogue a LOMCE; estableceremos a universalización e a gratuidade da educación infantil para nenos e nenas menores de 3 anos; revisaremos o sistema de becas; promoveremos una FP contemporánea, e propoñemos unha ambiciosa Estratexia de Dixitalización da Educación”.
A folla ruta do PSOE inclúe “un novo modelo de escola rural e fortalecemento da Orientación Escolar, ademais de asegurar a igualdade de oportunidades no acceso á educación universitaria, incrementando a dotación do sistema de becas e axudas ao estudo, reducindo o efecto dos limiares de renda e asegurando unhas contías que permitan aos mellores estudantes estudar onde
“As mozas e mozos tedes que ser os auténticos mobilizadores desta campaña electoral. Agora estamos a dous pasos de rematar o bloqueo e poder ter un Goberno forte, progresista e estable. Porque o futuro deste país é imparable, por iso hai que apoiar e votar a Pedro Sánchez”, explicaron os candidatos.
Nov 03, 2019 - 12:35 PM
A xente nova comulga con rodas de muíño. Son máis fáciles de engañar