BNG, Esquerda Unida e Lugonovo manifestan a súa disposición a participar no debate de candidatos proposto polo PP

O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, manifestou a súa disposición a participar naqueles debates que se propoñan para presentar as propostas electorais de cara ás vindeiras eleccións municipais. Arroxo sinalou que atenderán todas as propostas de debate e acusou ao Partido Popular de desafiar aos demais candidatos a traveso das redes sociais.

Pola súa banda, Santiago Fernández Rocha, candidato de Lugonovo, tamén aceptou onte a traveso de Twitter, a proposta de debate público.

Asemade, Carlos Portomeñe, candidato á alcaldía de Lugo por Esquerda Unida, defende a necesidade de debates públicos entre os candidatos á alcaldía de Lugo, aberto á participación directa dos lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com