O Ministerio Fiscal pedirá o vindeiro xoves, 7 de novembro, 16 anos de cárcere para un home acusado de violar a unha menor no 2015 en Lugo e retela no seu coche en contra da vontade da moza. O xuíxo terá lugar a partir das 10.00 horas na Audiencia Provincial.
Segundo mantén a Fiscalía, o presunto culpable a vítima coñecéronse en 2014 e xa mantiveran relacións sexuais con anterioridade aos feitos delituosos, asemade, nos seus encontros consumían diferentes drogas.
Máis adiante, a finais de 2015, ambos volveron a se atopar nun hotel e, segundo o auto, “de forma inesperada” o procesado penetrou por vía anal á menor sen o seu consentimento. Segundo explica a vítima ela negouse a manter este tipo de relacións pero o home “suxeitouna con forza ata esgotar o acto sexual”.
Segundo relata o Ministerio Fiscal, en marzo de 2016 o acusado atopou á moza camiñando pola cidade e, cunha pistola “que non foi atopada”, obrigouna a subir ao coche que conducía el, no que permaneceu durante 15 minutos, tralos que conseguiu escapar aproveitando un momento no que o acusado baixou do vehículo.
Así, a Fiscalía solicitará para o acusado 13 anos de cárcere por atentar contra a liberdade sexual da moza e outros tres por retela no seu vehículo, así como unha orde de afastamento da menor e do seu domicilio e unha indemnización por daños morales de 6.000 euros.