O hotel Mogay de Chantada acolleu hoxe a presentación do novo grupo municipal de Cidadáns desa localidade. No acto, ao que asistiron veciños de toda a zona sur da provincia, participaron varios responsables do partido. Entre eles, Laureano Bermejo, secretario de organización de Cs Galicia; José Manuel Blanco, candidato ao Congreso pola provincia de Lugo e Jacobo Vázquez, coordinador da agrupación de Cs Lugo.
Este equipo local de traballo levará a cabo a súa actividade cunha proxección que alcanza toda a comarca e, xunto coa agrupación de Monforte, abarca toda a zona sur da provincia. Coa posta en marcha deste novo equipo, Cidadáns consolida a súa instauración na provincia. Actualmente, a formación laranxa conta con equipos de traballo no Corgo, Outeiro de Rei, Láncara, Sarria, Monforte e a Mariña.
Hai menos de dúas semanas comezou a funcionar o grupo local de Becerreá que se encargará do traballo na Montaña lucense. “Estamos tendo un proceso de instauración moi satisfactoria. Crecimos moito a nivel provincial nos últimos meses. A nosa intención é seguir captando talento para traballar por Lugo, sinalou Jacobo Vázquez, coordinador provincial”.
O equipo de traballo presentado a pasada tarde está composto, entre outros, por Neves Pérez Dafonte, quen se encargará da coordinación do traballo nas distintas áreas. Trátase dunha avogada de profesión que leva dende o ano 2000 desenrolando a súa actividade na comarca. Actualmente está casada e ten dous fillos.
“Nunca militei en ningún partido. O ideario e a traxectoria de Cs, libre de corrupción e cun pensamento de centro, animoume a traballar pola comunidade dende a acción política. Era o momento para dar o paso”, sinalou a nova coordinadora. “O meu obxectivo é loitar por Chantada e polo seus veciños dende o sentido común”.