51.000 persoas xa se vacinaron contra a gripe na provincia

51.000 persoas vacináronse xa contra a gripe na provincia de Lugo dentro da campaña que comezou o pasado 14 de outubro e se prolongará ata o 27 de decembro. A cobertura en persoas maiores de 65 anos alcanza ata este momento o 39,76%, cun total de 38.246 doses administradas para este tramo de idade.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado pola xefa territorial de Sanidade, Begoña Seco, e o  xerente da área de xestión integrada do SERGAS na provincia, Ramón Ares, vacináronse hoxe no centro de saúde da Fonsagrada, onde deron conta de como se está a desenvolver a campaña, ademais de incidir na importancia de vacinarse como a mellor medida para evitar a enfermidade.

O servizo de Atención Primaria da Fonsagrada -que abarca á poboación deste municipio e á que ten como referencia o consultorio de Negueira de Muñiz- foi no 2018 o centro da provincia de Lugo que tivo maior porcentaxe de vacinación en persoas maiores de 65 anos, que, segundo lembraron, representan a principal poboación diana á que vai dirixida a campaña.

Así, o ano pasado, no centro fonsagradino a taxa de vacinación en maiores de 65 anos alcanzou preto do 68% -o obxectivo neste tramo de idade está no 65%- e no que vai da presente campaña a taxa sitúase no 40,61%.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com