Reixtro Civil

Menores acorda o internamento en réxime pechado do menor detido en Foz pola morte da súa nai

A titular do Xulgado de Menores de Lugo acordou hoxe o internamento en réxime pechado nun centro de menores do rapaz de 17 anos detido onte como presunto autor da morte da súa nai.

Así  o confirmou o xulgado logo de que hoxe fose posto a disposición xudicial o menor. Menores solicitou esta medida cautelar tras tomarlle declaración ao rapaz que permanecía nos calabozos da Garda Civil de Burela dende o seu arresto no día de onte.

Axentes da investigación confirman que o menor investigado non confesou nada á Garda Civil xa que, este corpo non o pode interrogar por ser menor de idade. O corpo sen vida da vítima, con varias feridas de arma branca, foi levado ao Hula no que se lle practicou a autopsia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com