Unha semana máis os Codex Cinema achegan á cidadanía lucense a posibilidade de comentar un dos seus filmes, nun pase especial da película La defensa, por la libertad, de Pilar Pérez Solano, que se está a proxectar nas únicas salas de cinema independente de Lugo. Así, o avogado Óscar Núñez- Torrón Latorre, Vicedecano do Colexio de Avogados da provincia, presentará este filme na sala para despois conducir aos espectadores a un coloquio. A cita terá lugar mañá xoves, día 7 de novembro, ás 20.30 horas.
Pilar Pérez Solano, directora e guionista que conta cun premio Goya á mellor película documental por Las maestras de la República (2014), volve a estar no candelero con este filme que recolle a memoria de avogados de distintas ideoloxías que foron capaces de loitar xuntos cun obxectivo común: acabar coa ditadura e conseguir unha democracia en España, cos dereitos e liberdades correspondentes.