O BNG reclamará no Congreso a conexión por autovía de Lugo con Compostela e Ourense

A candidata ao Congreso por Lugo, Olalla Rodil, reclamou onte en Lugo a construción total da A-54 (autovía a Compostela) e a reactivación do proxecto da A-56 (autovía Lugo-Ourense). A nacionalista reclamou que “Lugo non se pode permitir máis o abandono co resto do país, precisa infraestructuras axeitadas, é absolutamente inadmisíbel que a veciñanza das comarcas de Lugo, de todas elas, teña que padecer as gravísimas consecuencias desta descrimanción que padecemos”.

O BNG esixe o dereito da veciñanza luguesa a contar cunhas infraestruturas en correctas e en condicións, que vertebren o territorio e garantan a seguridade na condución. Rodil sinalou “é unha tomadura de pelo que veñan pór outra pedra a unha infraestrutura en construción xa fai 30 anos”.

Por iso, o BNG reclama unha infraestruturas dignas, na que as luguesas e lugueses poidamos circular e ter comunicación directa coa capital do país e co resto de provincias, “Lugo ten que estar no mapa”.

A ribeirega sinolou “para rachar con esta situación debemos ter claro que este 10 de novembro temos que apostar por nós, porque se nós confiamos en nós mesmas teremos todo o que nos propoñamos, ninguén o fai, como se pode ver nos últimos orzamentos pactados entre o PSOE e Podemos no que vimos que Galiza quedou desaparecida”

Rodil tamén sinaliou o apoio recibido ao BNG nestes días e apelou a sumar o voto de país e progresista nestas eleccións as Cortes españolas para que Galiza teña voz propia “o voto ao BNG nestas eleccións é vital para que as galegas e galegos teñamos voz e voto para decidir o noso futuro e o BNG é única forza que suma”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com