A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Santiago de Compostela como presunto autor dun delito de Acoso cometido a través de internet. Os feitos tiveron lugar en outubro do pasado ano, a vítima, veciña de Sarria, comezou a recibir numerosas chamadas de diversas empresas que lle ofrecían produtos e servizos como pólizas de seguros, créditos hipotecarios, aperturas de contas bancarias, operacións de estética e tratamento psicolóxicos entre outros.
O investigado poñíase en contacto telemático con estas empresas e, tras identificarse co nome e aportando o teléfono da vítima, solicitaba unha entrevista telefónica con eles. Ao mesmo tempo, a vítima recibía mensaxes no seu email dunha persoa que parecía coñecer certos aspectos da súa vida persoal pero que non se identificaba.
A vítima empezou a sentirse insegura e a ter o temor de que algunha persoa estivera no seu entorno máis achegado e que lle fora a ocorrer algo máis grave.
No operativo policial seguiuse a pegada dixital do presunto autor dos feitos e chegaron a determinar a identidade do autor dos feitos, xa que este para acometer os feitos utilizaba o seu propio terminal móbil e o ordenador do seu traballo.
O investigado foi posto a disposición xudicial.