O PP pide a Méndez que abra o “tour de visitas” a todos os edificios abandonados polo Concello

O Partido Popular propón ampliar o tour de visitas a outros edificios municipais abandonados, inacabados ou sen uso propiedade do Concello como son a Fábrica da Luz, Vella depuradora e potabilizadora, depósitos da Piringalla e A Milagrosa, Matadoiro ou Escolas rurais de Labio e Cabana.

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo aproveitou o anuncio da alcaldesa de programar visitas ao Cuartel de San Fernando para recriminarlle a súa falta de coherencia e a súa irresposabilidade xa que “levan case tres anos negándonos visitar todas estas instalacións de titulariedade municipal”.

Os populares lembran que existe un acordo plenario de 2017 no que a corporación acordou organizar visitas a estes edificios co obxecto de ver en que situación estaban para logo elaborar un plan de aproveitamento. De feito, dende o Partido Popular, avanzan que algúns deles como a vella potabilizadora podería servir de base de proxectos de impulso do turismo, deportes ou para crear espazos con fins educativos e formativos.

Para Carballo o programa de visitas ao Cuartel de San Fernando “é unha manobra de distracción da alcaldesa para emprender unha nova batalla contra a Xunta”. O voceiro popular lamentou “a pouca memoria dos socialistas” xa que no pleno celebrado en 2017 “o PP solicitou visitar estes edificios municipais, incorporando tamén o Cuartel de San Fernando” destacando que “no debate da sesión votaron en contra restándonlle importancia á iniciativa” manifestando que “o voceiro socialista en 2017 chegou a dicir que había cousas máis importantes que facer e que era tan simple como pedir por escrito as visitas, algo que fixemos sen conseguir entrar aos edificios”.

“Para nós é importante coñecer de primeira man o estado real así como o potencial que teñen e, dese xeito, se podería valorar o seu futuro”. “Semella que agora, en campaña electoral, resucitan este tema, adoptan a postura de vitimismo” puntualizou Carballo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Nov 09, 2019 - 01:00 PM

    Como non tenen nada que facer, collan uns lampos, e a rozar. Así, poden gañar máis votos.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com