Lara Méndez visita as obras de urbanización da Avenida Infanta Elena

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, visitaron hoxe as obras da Avenida Infanta Elena Duquesa de Lugo, fronte ao Centro Comercial de As Termas. Fixérono convidados pola empresa que as realiza, xa que a execución está xa na súa fase final, percorreron o polígono de actuación, que abarca unha superficie de 24.634 metros cadrados.

Os traballos desenvolvidos foron o desdobramento da marxe dereita da Avenida Infanta Elena, comprendida entre a Glorieta 25 de Novembro e a futura rotonda á altura da residencia de maiores, así como a urbanización da rotonda de xeito que se garante o tránsito rodado e peonil nesta marxe. A actuación tivo en conta o Plan de Mobilidade e de Espazo Público do Concello de Lugo, segundo o cal se executaron beirarrúas con ancho superior a 2,50 metros, carrís con tránsito de bus e vehículos pesados, cun ancho de 3,25 m, carril bici en dous sentidos e a segregación deste carril bici por elementos específicos.

A empresa explicoulle á rexedora que a fin de obra está pendente tan só de pintar as liñas da estrada e do carril bici, aínda que para iso é necesario que deixe de chover e que seque a calzada.

A alcaldesa Lara Méndez lembrou que o polígono, que se divide en catro parcelas, unha delas cedida como propiedade municipal, está moi próxima ao futuro Barrio Multiecolóxico de Lugo e á parcela que acollerá o edificio Impulso Verde, “proxectos vinculados co programa LIFE que promovemos e que creará un foco atractivo de actividade nesta zona”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com