Zahara chega á Sala Tebras

Zahara estará na sala Tebras, en Lugo, mañá sábado, 9 de novembro. 'La fabulosa historia de…' presentábanos, hai 10 anos, a unha rapaza sentimental que se espía por dentro diante do público; unha cantante que contaba unha realidade crúa e que chegaba a chorar nos escenarios con temas como 'Con las ganas'. Agora, con Astronauta, o seu novo traballo, chega aos escenarios cunha banda coa que acompañar as letras máis sociais da artista. O leitmotiv da súa vida: a música; o do seu último traballo: unha viaxe espacial á que non dubida invitar a todos os seus seguidores.

Publicada por Xornal de Lugo en Viernes, 8 de noviembre de 2019

O ‘Astronauta’ de Zahara aterra mañá na Sala Tebras de Lugo

A cantante Zahara achegará mañá ao público lucense un concerto da súa nova xira Astronauta. Será na Sala Tebras, a partir das 21.00 horas (apertura de portas). As entradas aínda se poden adquirir neste enlace. Non te quedes sen a túa!

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com