PP e PSOE repártense os catro deputados en Lugo

Co 100% escrutado o Partido Popular acadou na provincia de Lugo un total de 67.942 votos fronte aos 56.892 que acadaron os socialistas. Esto deixa na provincia o mesmo resultado que nas pasadas eleccións do 28 de abril, con 2 escanos para cada un dos partidos. Pese a este feito, as dúas forzas achéganse entre elas, despois dunha suba de máis de 700 votos para o PP e un descenso de 9.549 votos ao PSOE.

Así, os socialistas conseguir acadar un primeiro posto en 16 concellos, entre os que figura a capital, na que destaca a perda de apoios con respecto aos anteriores comicios. Así, mentres en abril o PSOE conseguía distanciarse en case 5.000 votos do PP, nestes intres só os separan 21 votos.

As demais forzas políticas quedan moi afastadas destas dúas formacións, acadando a terceira posición En Común – Unidas Podemos con 16.341 votos, alonxando a Cidadáns ata un sexto posto con 5.708 votos, (12.104 menos que nas anteriores eleccións). Cunha subida similar que, en ambos casos, superou os 3.000 votos, están VOX e BNG que conseguiron acadar o cuarto e quinto posto, respectivamente na provincia.

Os electos ao congreso polo Partido Popular son: Jaime de Olano e Joaquín María García Díez e polo Partido Socialista Obreiro Español: Ana Prieto Nieto e Javier Cerqueiro González.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 10, 2019 - 11:35 PM

    Somos así de conservadores en Lugo

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com