Detidos dous menores en Burela por atentar contra o centro de saúde da localidade

A Garda Civil vén de deter en Burela a dous menores de idade, como presuntos autores de varios delitos de danos en vehículos e no centro de saúde da localidade burelense. Os feitos tiveron lugar o pasado mes de agosto. Os menores producían danos a autobuses que se atopaban na estación de Burela, causando danos por valor de 9.400 euros.

Asemade, se consideran os presuntos autores de danos ocasionados no centro de saúde da localidade. A investigación continúa aberta aínda que os axentes non descartan novas detencións relacionadas con estes feitos.

Os detidos foron postos a disposición da fiscalía de menores en Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com