A Xunta destaca o papel de Sotavento na investigación e formación en renovables

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou hoxe na inauguración do curso de visitas do parque eólico experimental de Sotavento, en Xermade (Lugo), o papel destas instalacións na investigación, divulgación e formación en eficiencia enerxética e renovables.

Na súa intervención, o director xeral sinalou que as instalacións, con 18 anos de existencia, reciben unha media de 15.000 visitas ao ano, transmitindo aos máis novos a necesidade de defender o medio ambiente e o papel que xogan nese eido as enerxías renovables. Do mesmo xeito, apuntou que Sotavento conta con medios técnicos e instalacións como a vivenda bioclimática e outras instalacións demostrativas que o converten no lugar idóneo para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i.

Coincidindo coa apertura do curso de visitas, inaugurouse tamén nas instalacións do parque a exposición Mare plasticum, que consta dunha serie de obras feitas con lixo de plástico recollido nas praias polos autores, o artista austríaco Wolfgang Trettnak e a pintora galega Margarita Cimadevila. Combinando arte e ciencia, a exposición trata a contaminación do mar por materiais plásticos e aborda outros temas relacionados coa defensa da sustentabilidade nas costas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com