Vilalba cobrará unha taxa ás empresas enerxéticas por ocupación do espazo público

O Concello de Vilalba comezará a cobrar unha taxa ás empresas enerxéticas pola ocupación do espazo público na próxima anualidade. A Corporación vén de aprobar na última sesión plenaria unha ordenanza fiscal que regula a taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas, auga e hidrocarburos.

O edil de infraestruturas e urbanismo, Luis Fernández, salientou que se poderían recadar “preto de 40.000 euros ao ano para as arcas públicas”, engadindo que en abril do ano 2018 “pedimos desde a oposición que se puxera en marcha esta ordenanza”, tendo como resultado “o silencio e a falta de predisposición do anterior executivo, que quedou de brazos cruzados ao respecto. Nesta sesión plenaria, a ordenanza foi aprobada por unanimidade, “evidenciando que era unha medida necesaria e positiva para toda a veciñanza”.

Estarán suxeitas a esta taxa as instalacións de transporte de enerxía con todos os seus elementos indispensables, como caixas de amarre, torres metálicas, transformadores, instalacións ou liñas propias de transporte ou distribución de enerxía eléctrica, gas, auga ou instalacións de bombeo. A ordenanza porase en funcionamento a partir de xaneiro de 2020.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com