As primeiras consecuencias do temporal de vento e choiva que está a ter lugar en Lugo xa se comezaron a acusar. Esta tarde, ao fío das 16.30 horas, unha árbore caía na avenida Ramón Ferreiro, chegando a cortar os dous carrís en dirección Ronda da Muralla. Os feitos tiveron lugar á altura do Gran Hotel onde había varios vehículos estacionados, dos cales, dous sufriron importantes danos como consecuencia da caída da árbore.
O tráfico foi desviado nese tramo pola vía que dá servizo aos clientes do Gran Hotel.