A ruta de sendeirismo Quintá-Río Donsal recibe un accésit do Premio á Paisaxe 2019

O Xurado da Fundación Juana de Vega, integrado por enxeñeiros, arquitectos e paisajistas concedeu un dos tres accésits ao premio á Paisaxe 2019, por actuacións exteriores, ao proxecto impulsado e executado pola Asociación Castaño y Nogal na ruta de sendeirismo Quintá-Río Donsal, e da que o Xurado destacou, por unanimidade, a dinamización rural que supón para os municipios de Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes, esta ruta de 18,2 km.

Segundo o xurado, este proxecto dinamiza unha zona de montaña cunha poboación escasa e envellecida a través da posta en valor da súa contorna natural e das construcións que hai nese espazo (casiñas auxiliares,  ouriceiras, muíño, central eléctrica,…..), mediante o desenvolvemento dun roteiro que atravesa unha paisaxe de bosques autóctonos, que cada día é máis visitada como consecuencia do éxito da iniciativa.

Ademáis, congratúlase da pequenas intervencións realizadas no carreiro pois “están ben executadas”, empregando materiais do lugar e integrándoas con “total respecto do espazo natural circundante”. Trátase ademais dunha iniciativa impulsada pola sociedade civil, cuns medios moi limitados.

O proxecto medio ambiental de Castaño y Nogal, a parte da existencia dun legado natural, puxo ao descuberto as paisaxes naturais, culturais e riquezas etnográficas ocultas pola maleza dun bosque impracticable e revertió unha situación de infravaloración de todos, de abandono e de resignación da poboación local, levando senderistas onde antes só íase en grupo aos enterros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com