A Garda Civil no marco da operación ‘Imalda’ investiga as causas dun lume producido o pasado 23 de xullo nunha das naves do Polígono Industrial de San Julián de la Vega, en Sarria.
Tras tomar declaración a empregados e recabar diferentes probas, os axentes da Garda Civil de Sarria determinaron a participación nos feitos do coñecido empresario sarriao, A.D.V. de 80 anos de idade, e que foi detido onte para a súa posta a disposición xudicial.
A investigación continúa aberta e non descartan novas detencións. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Sarria.
A empresa propietaria do complexo de naves tenas alugadas a outras dúas empresas, unha delas adicada á fabricación de chapa de madeira e propiedade dun familiar do detido e, outra empresa, afectada polas lapas, adicada ao rechapado e lacado de tableiros e portas.
A través da investigación levada a cabo a Garda Civil constatou que, semanas antes do incendio, axentes do mesmo corpo realizaran inspecciuóns nas instalacións da empresa incendiada ante a sospeita de que almacenaran produtos inflamables para levar a cabo a actividade laboral.
As primeiras averiguacións realizadas tralo lume polos axentes da Benemérita, puxeron de manifesto que o incendio puidera ser provocado a pesares de que non había accesos forzados, pero tendo en conta que os presuntos autores desconectaran días antes as cámaras de seguridade.
Entre as probas que refutaban esta posibilidade era a colocación de produtos inflamables esparcidos polo chan formando unha especie de cordóns para facilitar a propagación do lume. Así como unha carretilla elevadora que portaba un depósito de 1000 litros de disolvente encaixada nunha das máquinas que se viu afectada polo lume.