Animalistas piden unha liña de axudas para a loita contra a rata-toupa na Montaña

A Asociación Animalista Libera! amosou hoxe a súa preocupación pola posible adopción de medidas letais para tratar de controlar a poboación de roedores que estaría interactuando con cultivos en diferentes municipios da Montaña como Triacastela e Taboada e, avanzou a necesidade de que os poderes públicos traballen con accións previsoras e non de reacción ás problemáticas da Galicia vaciada.

Os animalistas propoñen unha convocatoria de axudas urxentes para os agricultores afectados, cuxas plantacións estarían danadas, para indemnizar a falta de ingresos que producirá a fauna silvestre, así como poñer a disposición das empresas e autónomos agrarios subvencións para implementar medidas preventivas, como podería ser o valado reforzado.

Esta iniciativa amosou unha resposta eficaz en Asturias, onde a presenza destes animais é habitual e, a presenza masiva parece ser cíclica. A medida consiste en colocar un valo, enterrado no peche da finca.

Neste senso, os defensores dos animais esperan que a Consellería de Medio Rural “non imite a Medio Ambiente nas ‘solucións’ para evitar a presenza de xabarís en cultivos, estradas ou zonas urbanas”, cuxa única proposta, segundo denuncian os animalistas, foi declara a “emerxencia cinexética temporal” permitindo a súa caza os 7 días da semana.

Libera! aposta pola prevención fronte a desorganización que parece existir na implementación de políticas de convivencia coa fauna silvestre como, por exemplo, a carencia de pasos de fauna en estradas e autoestradas que servirían para facer descender o número de colisións, xerando menos danos persoais e materiais.

Novas relacionadas

  1. Lucia Barcelos
    Nov 16, 2019 - 01:04 PM

    As ratas…avda coruña…moitas

    Reply
  2. Luis Díaz
    Nov 15, 2019 - 01:48 PM

    Ufff , me veo conviviendo con los pececitos plateados del cuarto de baño , pisarlos te puede llevar a estar en una lista de “nuevos asesinos”

    Reply
    • Yago Pardo-Vivero Vilares
      Nov 15, 2019 - 03:40 PM

      Luis Díaz malditos pececillos plateados, no hay alguna manera de acabar con ellos?

      Reply
    • Luis Díaz
      Nov 15, 2019 - 03:54 PM

      Yago Pardo-Vivero Vilares yo daría un tortazo si veo a alguien maltratando a un animal , pero creo que si la naturaleza no controla las especies , tiene que hacerlo el ser humano , salvo que nosotros nos comamos a los roedores esos , ya que ellos se comen las cosechas , aunque si puedo elegir , prefiero comerme a los jabalíes , salvo que otros quieran que los aceptemos como animal de compañía .

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com