Afectadas pola neve 60 estradas provinciais de 14 concellos

Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que dependen directamente do Presidente, José Tomé, traballan dende primeira hora desta mañá en despexar 60 estradas da súa titularidade en 14 concellos debido ao temporal de neve e choivas que está a afectar á provincia. Os operativos están despregados nos municipios da Montaña e do Sur da provincia.

Os puntos onde a situación é máis complicada, con capas de neve de entre 10 e 30 centímetros, son os seguintes: A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, e Folgoso do Courel.

O operativo despregado pola Deputación está traballando con oito máquinas quitaneves e unha ducia de coches todoterreo con diverso material de apoio para retirar as capas de neve e tamén para desfacer placas de xeo e retirar árbores que obstaculizan as vías. Unhas actuacións que teñen como obxectivo garantir a seguridade dos usuarios destas estradas.

Suspendidas as clases

Neste mesmo senso, a presenza de neve de hoxe deixou  a 822 alumnos de 17 centros sen poder acudir ás clases. Así, a Comisión Escolar de Alertas decidía onte manter durante o día de hoxe a suspensión da actividade lectiva en 15 centros da provincia. A Consellería de Educación, asegura ademáis que uns 25 nenos non puideron acudir en Castroverde e Lugo aos centros CPI Plurilingüe de Castroverde e CEE Santa María, que non suspenderon as clases.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com