O Concello do Incio oferta clases gratuítas de pintura, pilates e ioga

O Concello do Incio programa diferentes actividades para os veciños e veciñas que darán comezo o vindeiro martes día 19 de novembro. En concreto, oferta clases gratuítas de pintura, pilates e ioga. As actividades desenvolveranse nos locais sociais de Barbaín, no Valle do Mao, en Vilademouros e no local multiusoso do Concello, na Cruz do Incio.

Así as clases de pintura serán os mércores, no Incio ás 17:00 horas e en Barbaín ás 19:00 horas. Pilates e ioga, terán lugar os martes no Valle do Mao ás 17:00 horas e no Incio ás 18:30 horas e os venres en Vilademouros ás 17:30 horas.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo presencialmente nas oficinas do Concello do Incio ou chamando ao número 982.427.014.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com