Balseiro afirma que licitar a principios de ano a actualización do proxecto da Ronda Leste “é unha moi boa nova para Lugo”

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asegurou que a decisión do Goberno galego de licitar a actualización do proxecto técnico da rolda leste “é unha moi boa nova para a cidade de Lugo, que confirma a intención do Executivo autonómico de pechar o cinto de circunvalación da cidade, completando os 2,8 km pendentes”.

Balseiro explicou que foi a propia conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, quen avanzou esta previsión no Parlamento de Galicia e lembrou que os orzamentos da Xunta para o ano próximo recollen unha partida orzamentaria de 300.000 euros co fin de avanzar nesta infraestrutura de nova creación.

“A Xunta atende deste xeito unha demanda dos lucenses que permitirá unha notable mellora da comunicación e aliviar a intensidade do tráfico que na actualidade accede á cidade desde o leste, así como os vehículos que se dirixen ao Hula”-explicou Balseiro.

O delegado territorial tamén explicou que unha que a Xunta dispoña da actualización deste documento técnico será posible, avanzar na licitación, adxudicación e execución das obras e as nas expropiacións necesarias que, segundo o previsto no proxecto inicial non afectan a ningunha vivenda”

A futura rolda Leste inclúe a construción de 2 viadutos de gran complexidade técnica e suporá, coa obra rematada, un investimento superior aos 22 millóns de euros.

Balseiro amosou a súa esperanza en que todas as administracións “porán da súa parte” para avanzar neste obxectivo e nese senso indicou que agarda “que o Concello de Lugo non bloquee o proxecto de construción da rolda leste, como ten feito co Plan Paradai”, por falta de acordo coa Confederació Hidrógrafica. “A vontade do Goberno galego e seguir avanzando en facer realidade esta infraestrutura”-asegura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com