Codex, a mellor opción para ver ‘El Irlandés’

Despois de máis de vinte anos separados, Martin Scorsese e Robert DeNiro volven a colaborar en El Irlandés. Un e outro están considerados o mellor director e o mellor actor das súas xeracións, respectivamente. El Irlandés é o filme máis persoal e rotundo de Martin Scorsese desde Casino. A vida do asasino e mafioso Frank Sheeran sérvelle ao cineasta latinoamericano para falar da historia dos Estados Unidos do último medio século e tamén da súa propia traxectoria vital. Unha vida de gloria á que inevitablemente lle chega a decadencia, a vellez e a morte.

O filme, o máis celebrado pola crítica neste 2019, estreouse esta fin de semana en Codex Cinema con grande éxito de público. Pese as súas tres horas e media de duración, case trescentos espectadores acudiron ás únicas salas de cine independente da cidade para ver este filme que xa nace coma un clásico do cinema. A película chegará a unha plataforma dixital o próximo día 27 de novembro, mais unha obra desta categoría paga a pena vela en pantalla  grande. Quedará no recordo da xente por moitos anos.

Como moitos espectadores transmitiron as súas dúbidas pola longa duración dun filme en versión orixinal, en Codex Cinema se ofrece unha oferta irresistible. O mércores e o xoves proxectarase a película a metade de prezo. Por 5.90 euros, o prezo habitual da entrada, se entregarán dúas entradas, o que fai que o prezo da sesión sexa realmente de 2.95. A mellor opción para ver esta gran película.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com