O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o representante da entidade da Federación Galega de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual e o desenvolvemento (Fademga), Eladio Fernández Pérez, asinaron un convenio de colaboración de 2.500 euros para o financiamento dos gastos derivados no servizo de orientación laboral. Este encontro enmárcase na ampla axenda de reunións con entidades e colectivos lucenses coas que Tomé Roca continúa pulsando as necesidades da provincia.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.