A Pontenova reparte composteiros e bolsas biodegradables para promover a reserva da biosfera

O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, avanzou que as veciñas e veciños da localidade poderán participar na campaña de concienciación e promoción da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón na que se repartiran 100 composteiros e 1000 bolsas biodegradables. Esta iniciativa conta cunha achega económica da Xunta de Galicia en colaboración co Concello.

Campos Conde avanzou ademais, que se realizarán tres charlas no Salón de Actos da Casa da Cultura os días 23, 26 e 27 de novembro, para reivindicar a importancia deste enclave natural que une Galicia e Asturias. Todos os interesados deben anotarse no telefono do Concello 982 34 22 77 (Ángeles).

O Rexedor convidou a todas veciñas e veciños a participar nestes encontros. “A Pontenova forma parte desta Reserva, e pode converterse nunha boa oportunidade de traballo, e ao mesmo tempo de impulso turístico natural da nosa vila, por iso debemos de aproveitala”, argumentou.

O mandatario explicou que a programación comeza o día 23, dende ás 10:00 ata ás 14:00 horas, cunha xornada que leva por titulo Promoción e desenrolo da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, coa participación de emprendedores das distintas reservas de Galicia que amosaran a súa experiencia coas potencialidades de negocio no medio rural. O día 26, dende 16:00 ata ás 20:00 horas, haberá unha cita sobre a concienciación ambiental e a problemática actual, xestión de residuos, contaminación de augas e novos modelos de xestión.

E por último, o día 27, dende ás 17:30 ata 21:30 horas, as Socialistas na Provincia de Lugo veciñas e veciños poderán solicitar un composteiro e desfrutar dun taller teórico- practico para utilizalo.

Declarada pola UNESCO no 2007

A Reserva da Biosfera de Río Eo, Oscos e Terras de Burón foi declarada como tal pola UNESCO no 2007, converténdose na primeira comunidade cualificada con esta consideración fóra da rede de espazos naturais protexidos. E ten a particularidade, ademais, de ser a primeira que é compartida por dúas comunidades autónomas, Asturias e Galicia. Na provincia de Lugo atinxe aos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova, Baleira, Negueira de Muñiz, Ribadeo, Ribeira de Piquín e Trabada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com