Cs propón a creación de puntos de acceso a Internet públicos e gratuitos

O concelleiro do grupo municipal de Cs Lugo, Juan Vidal, aposta por instalar puntos de acceso a Internet públicos e gratuitos a través de tecnoloxía WiFI como medida dinamizadora. “A conectividad inalámbrica local con carácter gratuito e sen condicións discriminatorias contribuiría a pechar a fenda dixital, especialmente nas comunidades onde é menor a alfabetización dixital, incluíndo as zonas rurais do noso municipio e en aqueles barrios onde existe un maior risco de sufrir exclusión social”, sinalou Vidal.

Cs Lugo considera que mellorar o acceso aos servizos en liña, en especial nestas zonas sinaladas, aumentará a calidade de vida dos lucenses ao facilitar o seu acceso a servizos como a sanidade ou a administración electrónica. Así mesmo contribuiría a fomentar o desenvolvemento da economía local como apoio aos emprendedores e ás pequenas empresas nos novos modelos de negocio. Do mesmo xeito serviría de impulso para estudantes que cursan titulaciones en liña e a alumnos e alumnas de secundaria como vía para desenvolver de forma máis eficaz a competencia tecnolóxica recollida no seu currículo de ESO e BAC.

“Trátase dunha medida de gran calado que require un pequeno investimento. Ademais existe hoxe en día un programa da Unión Europea (WIFI4EU) que financia estes puntos de acceso con custo cero para as arcas municipais. Máis de 500 concellos de toda España xa forman parte desta iniciativa europea incluíndo algúns municipios galegos como Vigo, Tomiño, Ordes ou Abegondo”, sinalou o edil da formación laranxa que lamentou que o Concello non conte aínda cunha candidatura para este programa.

“A Estratexia Europa 2020 subliña a importancia do despregue destas infraestructuras para fomentar a inclusión social e a competitividade e reitera o obxectivo de garantir que en 2020 todos os cidadáns teñan acceso a Internet cunha velocidade superior aos 30 Mbps. O Goberno local debe traballar para cumprir este obxectivo nos próximos 12 meses”, engadiu.

Vidal asegurou que a proposta será levada ao próximo pleno co obxectivo de que sexa referendada por toda a corporación. “Mentres o PSOE e o PP  enrédanse en batallas dialécticas co único obxectivo de acadar rédito electoral de cara ás autonómicas do ano que vén nós apostamos por facer propostas constructivas para Lugo e intentar mellorar a calidade de vida dos veciños a través de proxectos inmediatos e plausibles. Sinceramente, non entenderiamos que o equipo de Goberno optase por ignorar esta iniciativa”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com