Veciños de Garabolos piden mellores accesos a Angelo Colocci

A asociación de veciños “Alto de Garabolos”, vén de solicitar ao Concello de Lugo mellorar os problemas de acceso a rúa Angelo Colocci dende a avenida da Coruña. Segundo lamentan os veciños, o acceso á esta rúa dende a avenida da Coruña pasa por dar a volta na rotondo de Garabolos, “unha volta que non ten xeito ningún”, asegura o presidente do colectivo veciñal, José Rodríguez García.

“É un acceso disparatado”, explica, que “ten moi disgustados a todos os veciños”. A asociación pide unha solución axeitada para esta zona. “A mellor forma de eliminar este problema para os traballadores e as persoas que acceden, dende a avenida da Coruña a esta rúa, é que se reparta o tráfico cun semáforo ou cunha rotonda, para que os veciños de Angelo Colocci e inmediacións poidan acceder sin realizar un paseo por Garabolos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com