A Policía Local denuncia a 65 condutores que circulaban excedendo a velocidade máxima permitida

A Policía Local realizou, na mañá do día 20 e na noite do día 21 de novembro, varios filtros de seguridade viaria en diversas rúas da cidade, nos que se utilizou ademais un vehículo policial dotado de cinemómetro, formulándose 65 denuncias por circular a velocidade superior á regulamentariamente establecida e detectando a 3 condutores que circulaban sen presentar o automóbil que conducían á Inspección Técnica Periódica no prazo debido. Ademais, en 16 das infraccións por exceso de velocidade, procedeuse a retirar puntos aos seus condutores, sendo a velocidade máis alta recollida de 67 km/h nunha vía limitada a 30 km/h e de 95 km/h nunha limitada a 50 km/h.

Así mesmo os axentes detectaron un turismo sobre o que pesaba un mandamento de captura e depósito por embargo, emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, sendo retirado polo guindastre e precintado no Depósito Municipal.

Por outra banda, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiron na madrugada do día 22 de novembro a unha vivenda da cidade na que se produciu unha discusión entre unha parella. Durante a mesma a muller arroxou desde a xanela varias pertenzas do home á beirarrúa. Os axentes identificaron a ambos e acougaron os ánimos e tras comprobar que se trataba dunha rifa entre eles, non existindo ningún tipo de agresión e non desexando ningunha das partes formular denuncia algunha, proceden a levantar acta de infracción por arroxar os obxectos á vía pública, requirindo ao Servizo Municipal para a limpeza da vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com