185 deportistas benefícianse das axudas da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a concesión das axudas a deportistas individuais. Unha liña de axudas da que se benefican un total de 185 deportistas seguindo criterios obxectivos como os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais. A contía das axudas vai desde os 300 euros aos 1.500 euros, sumando un total de 85.500 €.

Esta achegas benefician a deportistas que practican deportes individuais, como atletismo, tiro olímpico, judo, natación, kárate, taekwondo, piragüismo, loita… deportes con menos visibilidade polo que moitas veces teñen máis complicadas as achegas de patrocinadores privados.

Algúns dos deportistas que reciben estas bolsas son nomes coñecidos como os atletas Adrián Ben, Saleta Fernández e Nuria López; a judoka, Sara Álvarez Folgueira, o loitador, Carlos Yobani García ou o nadador, Mauro Baliña.

Catro das cinco bolsas de maior contía están destinadas a mulleres deportistas, e en total as mulleres suman o 43% das bolsas e do importe total das axudas, “unha mostra de que cando se aplican os criterios obxectivos, as mulleres deportistas son capaces de chegar aos mesmos niveis competitivos que os homes” sinalou a Vicepresidenta do Executivo.

Ademais 5 das bolsas estaban especialmente dirixidas integramente a deportistas con capacidades diferentes, nunha clara aposta pola integración de todas as persoas, tamén no eido deportivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com