Arde unha palleira en Paradela

Un incendio calcinou na súa totalidade unha palleira no concello de Paradela. Ningunha persoa resultou ferida, iso si, arderon os rolos de herba que se almacenaban no seu interior.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Sarria, nada mais ser alertados polo 112 Galicia. Tamén foron alertados a Garda Civil, os efectivos do Servizo de Emerxencias Supramunicipal,  persoal do Concello e do Servizo Provincial de Incendios Forestais.

O incendio comezou sobre as 21:15 horas da pasada noite. A esa hora, un particular indicaba ao 112 Galicia que ardía un alpendre ocupado antigamente por animais e no que actualmente só se almacenaban rolos de herba, en As Bustaregas, en Castro de Rei de Lemos.

Aínda que o lume quedou totalmente extinguido, os profesionais de extinción indicaron que ao longo do día de hoxe vixiarían a zona para evitar que se reavive.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com