O Concello colabora coa Xunta na recuperación do Pazo de Dona Urraca “para evitar a especulación”

O Concelleiro de Urbanismo Sostible do Concello de Lugo, Miguel Couto, amosou a man tendida do Goberno de Lara Méndez para cooperar na rehabilitación de inmobles do casco histórico coa Xunta de Galicia, que é a administración que ten as competencias en materia de vivenda. Así manifestouno esta mañá durante a visita da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao barrio da Tinería.

Miguel Couto explicou que mantén desde hai meses contactos co Instituto Galego da Vivenda e Solo para colaborar no proxecto de recuperación do Pazo de Dona Urraca, onde, aínda que o Concello non é titular de ningún inmoble na zona onde se actuará, o obxectivo e “facernos coa propiedade de 3 vivendas e algúns espazos preto do pazo para pór a disposición da Xunta e que desenvolvan alí unha actuación integral”. “O Concello espera que este investimento co que colaboraremos teña como retorno vivendas de aluguer municipal para adicar ao aluguer e “evitar así accións especulativas”.

“E importante toda a labor de colaboración entre ambas as dúas administracións, pero estamos aínda moi lonxe de recuperar o nivel de investimentos que a Xunta de Galicia acadou en Lugo durante o goberno bipartito, que investiu 24 millóns de euros no barrio da Tinería”, sostivo Couto.

Desde o ano 2009, o nivel de execución en materia de rehabilitación na cidade de Lugo ascendeu a 1,2 millóns de euros “fronte ao investimento superior a un millón de euros no Concello de O Incio, con 1.600 habitantes, ou o preto de medio millón de Mondoñedo, con 3.600 habitantes, ambos os dous concellos gobernados polo PP”, comentou Miguel Couto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com