Efectivos da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, procederon, sobre as 3,45 horas do día 26 de novembro, á detención dun home, nacido no ano 1971, veciño desta cidade e que responde as iniciais F.L.LL., como presunto autor dun delito de resistencia grave a axentes da autoridade e outro delito contra a seguridade viaria.
Os feitos ocorreron cando axentes da Garda Civil de servizo na Comandancia requiren a presenza policial xa que pararan a un condutor que se dedicaba a facer soar a bucina repetidamente nas inmediacións do cuartel. O equipo de Atestados comproba que o devandito condutor presenta síntomas de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo requirido para efectuar unha proba de detección alcohólica, negándose á mesma, o que supón a comisión dun delito contra a seguridade viaria.
Así mesmo cando ía ser trasladado a dependencias policiais ofrece grave resistencia aos axentes, proferindo insultos cara a eles, motivo polo cal se procede á súa detención e traslado para instruír as dilixencias oportunas para a súa remisión ao Xulgado de Garda.