A Xunta de Goberno Provincial celebrada hoxe acordou aprobar, atendendo á proposta feita pola Mesa Técnica de Valoración, a adxudicación do paquete de accións do Club Deportivo Lugo, propiedade de Deputación e Concello de Lugo, a favor de FRISAQUÉS S. L, conforme a que a puntuación resultante do procedemento de concorrencia competitiva por concurso foi de 75 puntos, fronte aos 56,19 do outro licitador, Gerad López.
Este acordo será notificado ao adxudicatario proposto, quen disporá dun mes contado a partir do día seguinte á recepción da notificación para realizar o pago de 1.600.500 euros, segundo a súa propia oferta, na Tesorería Provincial da Deputación de Lugo.