Arranca en Sarria o obradoiro de emprego con 20 alumnos traballadores

Hoxe da comezo o obradoiro de emprego Sarria, Camiño de Santiago, promovido polo concello e impulsado pola Xunta de Galicia, que proporcionará durante nove meses formación e emprego a 20 traballadores desempregados.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste 336.500 euros neste proxecto, que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras de interese social que benefician a todos os veciños e veciñas.

O obradoiro conta tamén con dous monitores, un director e un administrativo, e impartirá as especialidades de “Pavimentos e albanelería de urbanización” e “Fábricas de albanelería”, con dez alumnos cada unha.

Os participantes levarán a cabo obras de acondicionamento de distintos elementos do Camiño ao seu paso por este municipio. Así, está previsto que realicen traballos na Escaleira Maior, no Campo da Feira -o muro e a escaleira de acceso ao campo e aos depósitos municipais de auga- e o muro de peche do antigo cemiterio. Tamén se pretende actuar na separación do itinerario rodado e peonil na baixada paralela ao muro do cemiterio.

Balseiro destacou que estes traballos “inciden nun dos principais recursos patrimonios e activos económicos con que conta Sarria, que é o Camiño, mellorando as infraestruturas e contribuíndo a poñer a punto o conxunto de cara ao Xacobeo 2021”.

Neste sentido, subliñou que o obxectivo é que os obradoiros de emprego dean resposta ás demandas do mercado de traballo e sexan capaces de activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, crear postos de traballo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Nov 28, 2019 - 08:47 PM

    A pena e que só sexan 20

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com