O PP da Fonsagrada urxe á Deputación a apertura “inmediata” do Residencial Rois

Os populares de A Fonsagrada urxen á Deputación a apertura “inmediata” do Residencial Rois. Será a través da moción que veñen de rexistrar e que será debatida no Pleno municipal do vindeiro martes. O voceiro do Grupo Popular, José Regueiro, considera “prioritario” que o organismo provincial poña en funcionamento esta infraestrutura, pois foi inaugurada en 2015 e, catro anos máis tarde, os veciños seguen sen poder facer uso dela e os traballadores seleccionados seguen sen poder comezar a traballar.

“Dende o Grupo Municipal do PP xa supoñíamos que se trataba dun acto electoralista, e o tempo vén a darnos a razón. Proba delo, é que pasaron catro anos daquel desembarco socialista e, a día de hoxe, nin un só fonsagradino puido facer entrar neste ansiado e demandado centro”, afirma.

Na exposición de motivos, os populares repasan “a dilatada” cronoloxía do proceso construtivo. A Deputación de Lugo e o Concello de A Fonsagrada inauguraran en marzo de 2015, é dicir, dous meses antes das eleccións municipais, o Residencial Rois. Foi nun acto convocado polo exalcalde Argelio Fernández e o expresidente Gómez Besteiro, e no que participaron numerosos veciños, que asistiron á confirmación por parte dos responsables destas administracións de que estas instalacións abrirían as súas portas en setembro dese mesmo ano.

Dende 2015, a Deputación xa tivo dous presidentes máis, e este Concello ten agora outro alcalde diferente, “pero nin uns nin os outros foron capaces de impulsar a súa apertura. Tal é así, que seguimos igual, coa residencia pechada”, explica o popular na moción.

Durante todo este tempo foron moitos os avatares administrativos que xurdiron en torno a este centro, pois este non é o único que estivo baixo polémica durante estes anos. Como tamén continuas foron as manifestacións e anuncios sobre a súa posta en funcionamento por parte dos diferentes gobernos da Deputación, nos que, por certo, tamén formou parte o exalcalde que a inaugurou.

E dende o 15 de marzo de 2019 cando a Deputación solicitou o PIA á Xunta, “e que pon de relevo que tanto a Deputación como o Concello iniciaron todo o proceso de construción sen dispoñer dos permisos esixidos, polo cal é evidente que a súa apertura era administrativamente imposible” polo menos antes do 15 de marzo deste ano, o Partido Socialista, conclúe Regueiro, “incumpriu sistematicamente a palabra dada aos veciños de A Fonsagrada”. Con todo, dende o PP agardan que tanto os gobernos local e provincial “escoiten” a demanda deste Grupo, que resposta, apunta Regueiro, “ao sentir da veciñanza e a que se poña fin a catro anos de espera”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com