A Xunta pecha ao tráfico un treito da estrada LU-642 no Concello do Incio tras un desprendemento

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade pechará ao tráfico, a partir das 18 horas deste venres, un treito da estrada autonómica LU-642, no concello do Incio, tras producirse un desprendemento do terreo que afectou á plataforma desta vía. A incidencia localízase no punto quilométrico 21+400, nun treito en curva, situado entre a capitalidade do concello e o núcleo de A Ferrería.

No día de onte, cando tivo lugar a incidencia, os servizos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) sinalizaron o espazo afectado polo derrubamento cortando un dos carrís da estrada pero, tras constatar hoxe que o desprendemento se agravou, decidiron o corte total da circulación.

De feito, ata o lugar desprazouse persoal técnico da Consellería, expertos en xeotecnia e medios da conservación de estradas, xunto co Alcalde do Inicio, Héctor Corujo, para coordinar as actuacións a acometer. En concreto, acordouse o peche total da estrada durante a fin de semana para garantir a seguridade dos usuarios da vía. Non é posible traballar na zona dada a inestabilidade do terreo e a posibilidade de que se agrave coas chuvias desta fin de semana.

A previsión é que na vindeira semana, comecen a executarse os traballos de estabilización da ladeira e de reparación da estrada. Será nese momento no que se concrete a solución óptima que se adoptará, a duración das obras e a afección ao tráfico que suporán.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Auri San
    Nov 30, 2019 - 01:58 PM

    Que aprovechen y la hagan más ancha, limpien los arcenes,es muy importante el mantenimiento

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com