A Deputación promove 23 días de lecer familiar con Xuvenlugo

Un ano máis, durante os meses de nadal, a Deputación e o Concello de Lugo colaboran coa organización de Xuvenlugo, unha cita de lecer familiar que vai xa pola súa vixesimosegunda edición.

O salón de actos da Deputación acolleu este venres a presentación da programación deste ano. Un acto no que participaron a Vicepresidenta da Deputación, a Deputada de Mocidade e o Xerente do Pazo de Feiras e Congresos.

A Vicepresidenta explicou que “as 22.000 persoas que se achegaron o ano pasado a Xuvenlugo demostran que é unha alternativa de ocio con gran acollida entre as familias, que permite que nenos e rapaces desde 0 a 14 anos poidan desfrutar de moitas actividades nun só espazo”.

Este ano ademais de contar con novas propostas nas actividades habituais, como as atraccións, os inchábeis, a ludoteca, os recreativos e videoxogos etc. únese a posibilidade para os visitantes de facer dúas subidas, supervisadas, no Rocódromo do Pazo, “co que poderán experimentar o deporte da escalada nunhas instalacións de primeiro nivel”. Esta actividade terá un custe adicional de 2 €.

Ademais a Vicepresidenta destacou a posibilidade de asistir ao recinto nas xornadas de Portas Abertas, que se celebrarán o día 5 de decembro, co patrocinio do Concello de Lugo e o día 13 de decembro, grazas á Deputación.

Xuvenlugo abrirá un total de 23 días, en horario de 16:30 a 20:30 e estarán distribuídos do seguinte xeito: do 5 ao 8 de decembro, do 13 ao 15 de decembro, do 20 ao 23 de decembro, do 25 ao 30 de decembro, do 1 ao 4 de xaneiro e o 6 e 7 de xaneiro de 2020.

A entrada xenérica de XuvenLugo será de 6 euros. Poderase sacar un bono grupal de 50 euros para 10 persoas que terá validez para un só día. Haberá un prezo especial da entrada a 4,5 euros para Concellos, colexios e asociacións, mediante reserva anticipada e para un mínimo de 15 persoas. Ademais do rocódromo outras actividades tamén terán un custe adicional: o acceso á pista de minigolf, o touro mecánico ou á pista de slot.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com