Membros do Goberno local comprobaron o avance das obras da avenida Ramón Ferreiro, onde se están a colocar pasos de peóns elevados “para calmar o tráfico das zonas escolares” segundo explicou Rubén Arroxo.
“Traballamos para complementar as medidas que xa se están implantando dende a propia Dirección Xeral de Tráfico, que van encamiñadas a cidades con tráficos calmados e cun menor número de vehículos circulando”, indicaron dende o consistorio, engadindo que “actualmente estanse a construír catro pasos de peóns elevados en Ramón Ferreiro e dous máis en Montirón, que se suman aos xa realizados na rúa Santo Graal”.
Dende a área de Mobilidade e Infraestruturas continúan a traballar para construír pasos de peóns elevados no entorno de todos os centros escolares, nas rúas Galicia, Marina Española, Roi Xordo, Alexandre Bóveda, Ángelo Colocci, Alfredo Brañas, Serra de Outes e Avenida de Madrid. Esta actuación enmarcase do plan de repintado xeral da sinalización viaria horizontal que se acometerán en toda a cidade.
Dec 01, 2019 - 08:03 PM
E unha solución. Non é que sexa a mellor