32 fotografías natalicias se exporán en Meira dende o luns

O próximo luns, ás cinco da tarde, vaise inaugurar no Centro Sociocultural de Meira a exposición Imaxes do Nadal, conxunto de 32 fotografías sobre temas nadaleiros, organizada polo Centro cultural José Domínguez Guizan-Belén de Begonte e o Concello de Meira.

Colaboran na acción o Colectivo Egeria e o Grupo Fonmiñá. As fotos son de nove membros do Grupo Fonmiñá, que aportan a súa visión sobre o tempo que imos vivir: Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Fernández Ónega, José Manuel Guisasola, Gerardo L. Méndez e Hixinio Flores.

Con posterioridade, a mostra será exposta na Biblioteca de Castro Ribeiras de Lea e no Centro Sociocultural de Friol.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com