Aberto o prazo de solicitude para 26 postos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

O Concello de Lugo anunciou a apertura do prazo para solicitar postos no Mercado Municipal e na Praza de Abastos. As persoas ou empresas interesadas poderán optar a un total de 26 postos, 13 na Praza de Abastos e 13 no Mercado Municipal, ademais de 4 cámaras frigoríficas e 4 almacéns.

Entre os 26 postos, que sairán a esta nova oferta, están os 5 do Mercado Municipal e 6 da Praza de Abastos, que foron concedidos entre o 4 de maio de 2012 e o 13 de novembro de 2013 por un prazo de dous anos, que foi prorrogado dous anos máis. Estas concesións están caducadas dende hai tempo. “Estes postos sairán á oferta pública, e poderán presentarse para ocupalos tanto as persoas que os ocuparon durante estes anos, ás que se lles contará a antigüidade, como novas ofertas” explicou a edil Responsable.

As bases están publicadas no BOP do 29 de novembro de 2019 enlace: http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/29-11-2019.pdf#page=4

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com