Carlos Portomeñe será o candidato á alcaldía de Lugo por Alternativa Cidadá de Esquerdas

O membro de Esquerda Unida Carlos Anxo Portomeñe Pérez foi elixido na asamblea celebrada hai unhas horas como candidato da plataforma cidadá lucense, Alternativa Cidadá de Esquerdas. Portomeñe xa fora candidato ás últimas eleccións municipais por Esquerda Unida.

Os primeiros 18 postos da lista estarán ocupados por:

  1. Carlos Anxo Portomeñe Pérez, escultor e artesán.
  2. María Fe Rodríguez Vázquez, licenciada CC. Medioambientais e funcionaria Medio Ambiente Xunta de Galicia.
  3. Rocío Somoza López, licenciada en Dereito e Inspectora de Turismo da Xunta de Galicia.
  4. Vanessa Somoza Domínguez, artista plástica e activista social.
  5. Xoán Carlos Viveiro Cadenas, licenciado en Dereito e empregado de banca.
  6. Lucía Gutiérrez Pérez, Enxeñeira civil.
  7. Ángel Seijas Diéguez, diplomado en Maxisterio e activista social.
  8. Antonio Fernández López, funcionario autonómico.
  9. Carmen González Magdaleno, licenciada en xornalismo.
  10. Ramón Noche Fraga, profesor de historia en Educación Secundaria.
  11. Ana Fernández Fernández, mestra e directora.
  12. David González Boyero, estudante de Filosofía e músico.
  13. María Isabel Sánchez Corral, profesora de Filosofía en Educación Secundaria.
  14. Diego Moreira Ulla, traballador de Urbaser.
  15. Teresa Cabo Martínez, traballadora sector alimentación.
  16. Andrés Ugidos Menéndez, técnico radiólogo.
  17. Raquel López López, mestra.
  18. Haritz Loizaga Arrojo, estudante de Enxeñería Civil.

E pechará a lista como número 25 o Deputado do Parlamento Galego por AGE Ramón Vázquez Díaz.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com