Tomé reivindica o comercio de proximidade como un “motor” da economía da provincia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou esta mañá en San Marcos na presentación da nova campaña de Nadal da Federación Galega de Comercio, un acto no que reivindicou o comercio de proximidade como un “un motor importante da economía da provincia”, en tanto que xera máis de 20.000 empregos e representa en torno ao 13% do Produto Interior Bruto (PIB).

Neste Nadal o comercio local, tamén dixital é unha campaña que conta co apoio da Deputación, dirixida aos consumidores para fomentar o pequeno comercio a través da venta online. José María Seijas, presidente da agrupación de comerciantes, explicou que se sortearán 10.000 euros en premios distribuídos en 20 tarxetas prepago regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros, que deberán utilizarse para volver a mercar nos establecementos
lucenses de proximidade.

“Dende a Deputación de Lugo apoiamos todas as campañas a favor do pequeno comercio porque é garantía de calidade, polo seu trato próximo e porque o sector é un importante motor da nosa economía”, apuntou Tomé. Na presentación da campaña, que concluíu coa visita a comercios de Lugo adheridos á campaña, participaron tamén Mauricio Repetto, Concelleiro de  Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Lugo, e Javier Soto, Director Territorial de ABANCA en Lugo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 03, 2019 - 10:10 PM

    Sen comentarios…………. Que vergoña!!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com