Lugonovo considera prioritario no seu programa a dignificación das condicións de vida dos máis vulnerables e a defensa dos seus dereitos sociais básicos.
Nesa liña mantiveron onte unha reunión con membros da Asorlu (Asociación de Sordos Lucense) onde o seu presidente lles transmitiu a necesidade de sensibilizar a toda a cidadanía pero moi especialmente aos servizos públicos, en concreto a policía que é a quen acoden cando teñen problemas.
Asemade piden un novo sistema para os servizos de urxencias (012), xa que na actualidade é necesario un rexistro previo, cousa que para unha urxencia non é moi operativo.