Para cumprir co proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.
Estas actuacións realizaranse o próximo mércores 11 de decembro no centro de extensión de cobertura do Incio O Hospital. O proceso consiste no apagado neste centro dalgunhas frecuencias de emisión actuais e acendido nas novas frecuencias asignadas. Ademais, aproveitarase esta actuación para acender neste centro o múltiple RGE2.
Para poder seguir estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica -881 866 388- ou na web www.tdtgalicia.gal. A continuación, bastará con realizar unha busca das canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.